Ola de novo. Vouvos contar algo que seguro que a mais de un pasouvos con Unity en Ubuntu. O caso é que traballando como a cotío con pendrives, un día en troques de darlle a “Expulsar” fóiseme o rato e dinlle a “Non manter no iniciador”, polo que cada vez que insertaba o mesmo pendrive non volvía a sair nunca mais.
Buscando polo sistema non vin forma humana de volver a restaurar a situación, polo que decidín buscar en internet, onde tampouco atopei nada de xeito. Finalmente atopei unha pregunta en Launchpad onde a outra persoa pasáballe o mesmo. Hoxe, despois de bastante tempo o fin apareceu un usuario (beevik) que deu ca solución.
O que temos que facer é seguir os seguintes pasos:
-Instalar dconf-editor se non o temos ainda (sudo apt install dconf-editor)
-Executar dconf-editor
-Desplegar a entrada com->cannonical->unity->devices
-Borrar (a dereita) onde pon blacklist o contido hexadecimal que está entre os corchetes (non borredes os corchetes)
Se tendes o pendrive ou unidade conectada enseguida veredes como volve a aparecer…. penso que Ubuntu debería ter previsto isto e permitir visualizar dunha forma mais sinxela este tipo de cousas para corrixilas mais facilmente.
Coma sempre, espero que vos fose útil. Un saúdo
Isto ben mereceu a súa correspondente culeta na colección de tips para Ubuntu.
Obrigado!
😉
Saudos