Se estás ata as narices dos reportes de erros en Ubuntu

Dende hai algún tempo vense repetindo que cando hai algunha falla no sistema en Precise Pangolin a moitos usuarios, nos que me incluo, sainos unha molesta xanela de reporte de erros. Esta ventana é normal que nos saia sempre e cando estemos a usar unha versión de Ubuntu en desenrolo, pero non cando hai meses que estamos ca final instalada.

Si se vos repite moito este tipo de mensaxes e ben sinxelo de solucionar. Simplemente tendes que evitar que a sesión cargue Apport. Para elo simplemtente escribides nun terminal o seguinte comando:

sudo gedit /etc/default/apport

Logo simplemente tendes que cambiar a liña onde pon “enabled=1” por “enabled=0”. Gardamos o ficheiro e reiniciamos o sistema. A partir de este momento non deberíamos volver a ter de novo este problema.

Espero que vos sexa tan útil como a min.

Un saudo

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *