Bueno, hoxe por fin rematou a fase beta e xa temos a versión final de Steam para Linux. Dende hai meses algúns estabamos probando as versións beta de esta plataforma, e con resultados cada vez mais satisfactorios.
No día de hoxe xa temos unha boa cantidade de xogos dispoñibles, algúns deles de gran factura; e algunhas coñecidas compañías o parecer están dispostas a poblar os nosos discos duros de novos xogos cada vez mais elaborados.
Ademais dende hoxe ata o 21 de Febreiro estamos de sorte, por que moitos dos mais de 100 xogos que se ofertan para o noso sistema están rebaixados entre un 50 e un 80%. Por por un exemplo hoxe comprei o World of Goo por 2.24€ cando custaba 9.99€. Ademais se queres probalo podes descargar o Team Fortress 2 para botar unhas partidas multiplayer gratis ata fin de mes (Xogazo!!!)
Bueno, a que esperas para instalalo, agora xa non hai excusas para non xogar en Linux…
Acostumbro cada dia buscar articulos para pasar un buen momento leyendo y de esta forma he localizado vuestro articulo. La verdad me ha gustado el articulo y pienso volver para seguir pasando buenos momentos.