Como xa é tradición todos os meses de Abril e Outubro toca renovar a versión de Ubuntu. Decir que esta versión é a mais pulida e con mellor funcionamento de todas cantas probei. Estes tios están a conseguir que Unity funcione realmente ben, co que a arriscada aposta que Cannonical fixo hai algún tempo comeza a dar resultados.
As novidades mais salientables desta nova versión son:
–Inclusión de HUD (Heads-Up-Display): se prememos a tecla Alt e comezamos a escribir unha orde ou indicativo do que queremos facer sairannos as diferentes opcións que temos para executar. Por exemplo, se escribimos o nome dunha páxina web sairannos o historial, ou se pomos un elemento da configuración, por exemplo “rede”, danos opción a ver información de esta, desactivala, editar as conexións, etc. Realmente este “lanzador” si se lle pode chamar así, é de grande utilidade.
-Nas Opcións do Sistema temos mais posiblidades de personalización de Unity, ainda que si queremos facelo en condicións recomendo instalar o paquete MyUnity.
-O acceso a Nautilus na barra lateral de Unity ten quicklists as nosas carpetas persoais e os nosos marcadores, co que se facilita a navegación as carpetas mais usadas.
–Mellor soporte os dispositivos touchpad, como os synaptics e trackpads de Apple.
-Volta de novo do reproductor Rhythmbox como reproductor por defecto, por suposto con soporte para Ubuntu One Music Store
-Actualización de LibreOffice a version 3.5.2
–Firefox e Thunderbird 11 (¿para cando Chromium Browser)
–Gnome 3.4.1 (ver notas de versión)
–Remmina sustitue a Vinagre como visor de escritorios remotos.
-Múltiples cambios no Centro de Software de Ubuntu, entre os que destaca a instalación automática de idiomas o instalar un programa.
–Kernel Linux 3.2.14
Dende aquí recomendo encarecidamente que actualicedes ou reinstaledes os vosos Equipos o antes posible, pois as melloras son considerables.
Se queredes actualizar a versión premede en Alt+F2 e escribide:
update-manager -d
Para descargar a ISO completa ide aquí
Edito: Olvidouse mencionar algo moi importante. Esta é una versión LTS co que obteremos soporte durante bastante tempo (5 anos)