Fai uns días falábamos da chegada de Ubuntu 16.04, que incluía coma unha das súas principais novidades, os paquetes Snap. Resumindo, os snaps son uns tarballs con todos os ficheiros de instalación de programas que inclúen todas as dependencias e programas necesarios para reproducirse sen problemas, así como un arquivo de metadatos con información do paquete a instalar e as rutas.
E por fin chegou o día… Hoxe asistimos a chegada da que pra min é unha das versións de Ubuntu mais ambiciosas. Tendo en conta que estamos ante unha versión LTS, con soporte extendido de 5 anos, Ubuntu arrisca con bastantes novidades interesantes que ben seguro serán do agrado da maioria dos Ubunteiros.
Neste caso atopámonos con bastantes actualizacións, onde a mais salientable para min é a chegada do sistema de paquetería SNAP, do que vos falei hai uns días, e que permitirá instalar paquetes dun xeito mais sinxelo e cómodo sen ter que preocuparse de dependencias.
A inclusión do Kernel 4.4, Xorg 1.18 e MESA 11.2 permitiran importantes melloras gráficas para os drivers libres, moi especialmente no caso das gráficas AMD que poderán soportar aplicacións deseñadas para OpenGL 4.1. Sobre o tema das gráficas AMD decir que Cannonical quitou dos seus repositorios o driver privativo, xa que se considera (polo que dixen antes) que o libre xa é o suficientemente maduro e funcional. Seguir lendo Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible→
Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
Como a maioría de vos saberedes, nuns días teremos dispoñible a esperadísima nova versión de Ubuntu 16.04 LTS. Como soe ser normal virá con multitude de novidades das que darei cumprida nota en canto saia.
Pero ao meu xuizo a novidade mais importante de esta nova versión de soporte extendido, é a inclusión dos paquetes Snap. Visto moi por enriba a principal ventaxa destes paquetes é que dispoñen en si mesmos de todo o preciso para poder executarse, polo que o tema de que un programa non funcionase por culpa de que usaba unhas librerías mais vellas ou novas rematou. Desta forma dase por solucionado o tema das dependencias, principal “desventaxa” con respecto a Windows ou OSX.
Este forma de instalación ofrece tamén unha maior seguridade, xa que íllanse as aplicacións de xeito que nunca imos a “pisar” a outra aplicación nin as súas dependencias. Polo tanto isto tamén vai facilitar moito as actualizacións dos paquetes, xa que non hai que comprobar si afectarán o resto.