Non sei si vos pasou algunha vez, pero xa é a terceira vez que me desaparecen as barras superior e lateral do escritorio Unity en Ubuntu. Normalmente ocorre o instalar algún driver gráfico ou cambiar algo no hardware.
As primeiras duas veces tiven que reinstalar o sistema operativo completo, xa que despois de desinstalar e reinstalar o escritorio Unity e probar moreas de cousas non conseguín polo a funcionar. Na segunda ocasión dinme conta dunha cousa, xa que aparte de unity instalei outros escritorios como Gnome, KDE, etc; ata que instalei gnome-fallback con metacity, que nese caso si conseguín ter un escritorio funcional para polo menos ter algo.
Esta mañá foi a terceira vez que me pasa isto, probablemente por que son un fozón e sempre estou a probar cousas novas. Tendo en conta o que me pasou a vez anterior ocorreuseme que o problema podería estar non en Unity, senón en Compiz, polo que me puxen a buscar por ahí, e o final atopei a forma de restealo; “et voilá” Unity volveu o seu estado normal.
Polo tanto o que temos que facer si nos pasa isto é simplemente resetear o compositor, e para elo simplemente abrimos unha terminal se temos a posibilidade a través dun escritorio con metacity, senón podemos probar con Ctrl+Alt+T, e en último caso, se fallan as anteriores entrando na liña de comandos con Ctrl+Alt+F1. Alí escribimos:
rm -rf ~/.config/compiz-1
Con iste comando borramos a configuración de Compiz. Logo escribimos:
dconf reset -f /org/compiz/
Co que restauramos a configuración por defecto de Compiz.
Se todo foi ben o entrar de novo en Ubuntu con Unity todo debería estar restaurado. Recordade que si fixestes algún cambio na configuración de Compiz este perderíase.
Saudos!!!