Dende hai algún tempo viña notando que dende certa versión dos drivers de gráficos privativos de Nvidia tiña problemas en certos momentos cas fiestras. Producíase coma unha especie de tremor/pestanexo do contido de estas que paraba o mover ou cambiar de fiestra. Para que vos fagades unha idea o que pasaba atopeino neste video en Youtube:
[youtube]http://youtu.be/Bp25Fyy_GsI[/youtube]
Tras investigar un pouco atopei a solución. Esta pasa por instalar o CompizConfig Settings Manager (ccsm) e activar unha opción. Para comenzar debemos abrir unha terminal e teclear os seguinte:
sudo apt-get install compizconfig-settings-manager
Logo debemos abrir o programa recén instalado (“ccsm” no terminal) e activar en Utilidades -> Entornos -> Force Fullscreen redraws (buffer swap) on repaint. Non é recomendable andar a “fozar” moito no resto das opcións. Tampouco é necesario en principio reinciar nin sistema, nin sesión ou o propio compiz. Se todo foi ben o molesto pestanexo das fiestras será historia.
Saudos!