Arquivos da etiqueta: Chromium

Activar a Aceleración por Harware en Chromium 10

Recentemente saiu a 10 versión de Chromium, con multitude de melloras, sobre todo en canto a velocidade se refire. Por defecto para linux a aceleración por hardware non ven activada. Se queredes facelo so tendes que facer o seguinte:

Escribe na barra de direccións “about:flagse despois activa as seguintes opccións:

-Efectos gráficos acelerados por GPU (GPU Accelerated Composting)

-Canvas 2D acelerado por GPU (GPU Accelerated Canvas 2D)

-Prerenderizado de páxinas web (Web Page Prerendering)

Xa me contaredes se notades algunha diferencia, eu polo de agora non notei cambios.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

A nova versión de Chromium (Chrome) con aceleración GPU

Igual que a última beta de Firefox 4 e Internet Explorer 9, a versión 7 de Chromium soportará aceleración GPU nos procesos nos que se poida aproveitar esta caracteristica, tales como a reproducción de video, 3D, Canvas 2D, WebGL etc. Segundo comenta Google promete que cada vez pasará mais e mais procesos dende a CPU a GPU, puidendo mandar operacións de renderizado a GPU a través de OpenGL ou Direct3D (no caso de Windows), co que o procesador verase liberado e aproveitaranse as capacidades multimedia das tarxetas gráficas para o uso de contidos na web.

No caso de que queirades probar estas caracteristicas en Ubuntu soamentes tendes que seguir os seguintes pasos:

-Agrega os repositorios de Desenrrolo de Chromium:

sudo add-apt-repository ppa:chromium-daily/ppa

-Actualiza os repositorios:

sudo apt-get update

-Instala o navegador

sudo apt-get install chromium-browser

Para executar o navegador coa aceleración GPU experimental tendes que teclear o seguinte:

chromium-browser –enable-accelerated-compositing (coidado, leva dous guións antes diante do enable)


Unha vez dentro do navegador podedes ver o administrador de procesos de Chromium con Maiusculas + ESC e alí veredes o proceso da GPU (GPU Process)

Se vos apetece probar o rendemento podedes pasarvos pola seguite páxina (si, que pasa, é de Microsoft): Flying Images

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Activar HTML5 en Chromium

Seguramente lestes en mais dun sitio as bondades de ver videos en HTML5, e duas das mais significativas son que tratase dun desenrolo libre, o contrario que Flash de Adobe; e que demanda un menor uso da CPU a hora de reproducir.

En primeiro lugar debedes ter o navegador Chromium instalado, cousa que vos recomendo encarecidamente. Dende que o instalei nos meus equipos xa non existe Firefox. En Lucid atopase nos repositorios oficiales polo que so tendes que teclear nunha terminal:

sudo apt-get install chromium-browser

Para instalar os codecs necesarios para a reproducción de contidos en HTML5 escribiredes o seguinte:

sudo apt-get install chromium-codecs-ffmpeg-extra

Agora xa temos instalado Chromium e os codecs. Executamos o programa e si queremos facer unha proba entramos na páxina especial de Youtube para activar os videos nese formato:

http://www.youtube.com/html5

É abaixo de todo tendes un enlace para activar a versión Beta de HTML5.  Probades a buscar calquer video e a ver que tal se comporta (provade varias veces, por que non todos os videos están en HTML5). Se non estades conformes co resultado e preferides seguir usando Flash ides o enlace anterior e desactivades HTML5.

Un exemplo de video en HTML5: Trailer non oficial de Crysis 2

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-