Este truco está moi ben para usar na casa ou nunha pequena oficina. Permitiranos ter o escaner da multifunción en rede cos equipos da nosa rede que queiramos. Para conseguir isto temos que abrir unha consola e seguir os seguintes pasos:
Instalamos algúns paquetes primeiro:
sudo apt-get install xinetd sane xsane libsane sane-utils
Logo editamos o seguinte archivo:
sudo gedit /etc/xinetd.d/saned
engadimos o seguinte texto
{ socket_type = stream server = /usr/sbin/saned protocol = tcp user = root group = root wait = no disable = no }
Agora editaremos o seguinte archivo:
sudo gedit /etc/sane.d/saned.conf
e logo engadiremos as IP’s dos equipos que queiramos usar co escaner:
192.168.0.1/24
Por último editamos:
sudo gedit /etc/default/saned
e trocamos ‘RUN=no’ por ‘RUN=yes’. Reiniciamos o servizo:
sudo /etc/init.d/xinetd restart sudo service saned restart
Agradezo a información a USEMOS LINUX (case que é un copy/paste)