Arquivos da etiqueta: Darktable

DarkTable, o Lightroom do Software Libre

Probablemente a maioría de vos non vos interese esta noticia, pero tanto se sodes fotógrafos aficionados como profesionais, vos sexa útil esta aplicación. Trátase de Darktable, unha aplicación que como comento no título do post, suple de forma libre e gratuita o Lightroom de Adobe.

Basicamente serve para o “revelado”,  catalogación e edición de fotografías en formato JPG e RAW. Coméntovos esto por que recentemente un servidor fixo a traducción o Galego deste programa, e por suposto hai que presumir un pouco (so un pouco, por que seguro que non é para botar foguetes).

A páxina do proxecto é esta: Dartable

Se queredes baixar as ultimas compilacións en paquete .deb para o voso Ubuntu esta é a paxina do ppa: PPA de Pascal de Bruijn

E si queredes instalalo en Lucid so tendes que añadir a seguinte liña os repositorios:

deb http://ppa.launchpad.net/pmjdebruijn/ppa/ubuntu lucid main

Logo actualizades (“sudo apt-get update”) e instalades darktable (“sudo apt-get install darktable”). Espero que vos sexa útil.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-