Arquivos da etiqueta: descompresor

B1, un potente compresor/descompresor de arquivos

Recentemente lendo un post de Planeta Diego descubrín unha ferramenta que non pode faltar en nengún equipo informático. Existen moitísimas alternativas a este tipo de programas, pero o que me chamou a atención é que este é verdadeiramente un programa multiplataforma, xa que na sua páxina oficial podemos descargar paquetes para Ubuntu, Linux, Windows, Mac, Android, e proximamente tamén para iOS. Normalmente en Linux sempre uso filerroller e nas instalacións de Windows que teño que facer, 7zip.

O programa é de código libre (Apache License) e permite comprimir e descomprimir nunha cantidade asombrosa de formatos (zip, rar, 7z, bzip, gzip, iso, dmg, rpm, deb… e moitos mais), e por suposto o .b1, que permite unha compresión ainda mais potente que por exemplo con .rar. Pode traballar con arquivos encriptados e/ou divididos. Ten unha interface sinxela, coidada e rápida; ademais ten incluidas accións se prememos co botón dereito do rato (menú contextual) no arquivo comprimido ou a comprimir. A navegación polo sistema de arquivos e a previsualización dos arquivos comprimidos é moi rápida. Está traducido a multituide de idiomas, ainda que neste caso non está en galego (haberá que porlle solución a iso).

Penso que este programa vale a pena e polo menos deberiades darlle a oportunidade de probalo. A min a verdade é que me convenceu sobradamente.

B1

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-