Arquivos da etiqueta: Disco Duro

Corrección de erros programada e defragmentación en Linux

Aínda que parece mentira, e probablemente escoitastes moitas veces o contrario, os sistemas de arquivos de Linux tamén se corrompen e fragmentan. Obviamente non é tan frecuente como pode pasar noutros sistemas operativos (por iso existe o mito), pero é posible. O uso intensivo dos nosos discos duros, os malos apagados, as instalacións constantes producen erros que é preciso comprobar e arranxar de vez en cando.

Para elo existen por suposto programas que nos poden axudar a corrixir estes contratempos, e agora vouvos falar deles. Comezaremos con “e2fsprogs“, que basicamente é un conxunto de ferramentas que nos permite escanear e corrixir o sistema de arquivos (ext2, ext3, ext4). Este inclúe utilidades tan coñecidas como e2fsck, mke2fs ou resize2fs, pero tamén tune2fs, que é da que vos vou falar agora.DiscoDuro Seguir lendo Corrección de erros programada e defragmentación en Linux

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-