Probablemente os poucos que visitades este blog vos destes conta que moitas veces o querer entrar no blog aparecía unha mensaxe indicando que se excedera o tráfico de ancho de banda. Esto acontecía polo tipo de aloxamento que tiña, que neste caso era gratuito. Farto de esta incomodidade tanto para vos como para min, decidín contratar un aloxamento básico e un dominio para o Blogue.
Isto tamén implica un custo anual que terei que enfrontar a partires de agora. A primeira consecuencia disto é que me forza a introducir publicidade no blogue para polo menos tentar reducir esa factura. Xa sei que é incómodo, pero tratarei de que sexa o menos invasiva posible. Estiven tentando introducir publicidade de AdSense, pero por culpa do idioma do blogue foime imposible, polo que o final decanteime por Bidvertiser, polo de agora non sei si fixen ben ou mal, pero si alguén coñece unha opción mellor acepto suxerencias. Non teño intención de gañar “pasta gansa”, so de costear parcial ou totalmente a factura do aloxamento.
Debido a isto agradecería que por favor desactivasedes os bloqueadores de publicidade (adblock, ublock, etc) na páxina, e de vez en cando pincharades nalgunha publicidade se non vos importa.
Pola miña banda comentar que tentarei publicar mais a miudo, pois sei que ultimamente non o estaba a facer.
A nova dirección do blogue a partires de agora é:
http://www.oblogdeleo.es
Si algún de vos o ten nos seus favoritos que por favor a cambie.
Un saudo a todos