Arquivos da etiqueta: dpkg -l

Saber si temos instalado un paquete en Ubuntu

Hola

Esta vai ser unha entrada curta, pero tremendamente útil. Cantas veces quixestes saber si tiñades un paquete concreto instalado no sistema por culpa de erros, dependencias, etc. Cun simple comando de consola poderedes saber si tendes ese paquete. Por exemplo, si queredes saber si o paquete “testdisk” está instalado somentes tendes que teclear:

dpkg -l | grep testdisk

Si tendes o paquete aparecerá información sobre este (unha pequena descripción, a versión e arquitectura). No caso contrario non aparecerá nada.

Tamén tendes a posibilidade de saber si un paquete está dispoñible nos repositorios do voso sistema para poder instalalo. Para saber si por exemplo podemos instalar “k3b” usade a seguinte orde:

apt-cache search k3b

Como no caso anterior mostrará información de todos os paquetes relacionados.

buscarpaquetes

Como vedes, tremendamente útil e sinxelo.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-