Arquivos da etiqueta: editor de video

Edita video con Shotcut

Hai uns meses que coñezo a existencia de este editor de video, pero despois de ler unha entrada sobre él en Lignux ocorreuseme que por que non ía facer un pequeno artigo sobre este programa.

Shotcut, como antes dixen, é un editor de video de código aberto multiplataforma (GNU/Linux, Mac, Windows). É capaz de recoñecer grande número de formatos, tanto de video, coma de audio, coma imaxes. Dispón dunha potente interface gráfica que facilita moito o traballo e é bastante configurable o noso xeito. Permite traballar con diferentes formatos de transmisión de video en rede coma HTML, HLS, RTMP, RTSP ou MMS entre outros. Tamén permite capturar video e audio dende diferentes orixes. Permite a utilización dun monitor externo e de forma experimental permite o procesamento por GPU.

Vamos, que o programa ven completiño, e polo que vexo dende hai tempo está avanzando a bo ritmo incluindo cada pouco novidades. As últimas son un analizador de espectro de audio, un botón para bloquear unha pista, atallos de teclado, novos flitros de audio e video, etc

Se vos apetece darlle unha oportunidade e probalo aquí tendes varios videotutoriales e atallos de teclado.

Shotcut

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-