Arquivos da etiqueta: ElementaryOS

¿Apetéceche probar ElementaryOS Freya?

ElementaryOS é belo, moi belo, pero non so é iso, ademais funciona moi ben e é un escritorio moi lixeiro. A primeira vez que o vin deixoume maravillado co seu acabado e rendemento. Con Luna (baseada en Ubuntu 12.04) ese sistema demostrou unha madurez e personalidade moi propias. Se ben a influencia de OSX é ben clara, non é unha copia burda coma outras distribucións. ElementaryOS é ElementaryOS.

Dende fai algún tempo están a desenrolar a proxima versión (Isis Freya 0.3) baseada na LTS actual de Ubuntu, 14.04, e a espectación é máxima. Con novos artworks, menus, efectos e versións das suas propias aplicacións. Non hai unha beta pública, pero si queredes probar este entorno, simplemente con que instaledes uns repositorios e instaledes o escritorio é suficiente, e realmente vale a pena.

ElementaryISIS

Unha aclaración, é todo muy inestable, polo que os experimentos con gaseosa. Non o instaledes para traballar normalmente con el. Estos son os comandos que tendes que escribir si queredes probar Isis:

$ sudo add-apt-repository ppa:elementary-os/daily
$ sudo add-apt-repository ppa:elementary-os/testing
$ sudo add-apt-repository ppa:elementary-os/os-patches
$ sudo apt-get update
$ sudo apt-get dist-upgrade
$ sudo apt-get install elementary-desktop

Logo simplemente pechades a sesión, e entrades de novo pero seleccionando Phanteon en vez de Ubuntu na pantalla de logon.

Se queredes botar un ollo a Isis sin instalalo podedes neste video:

[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=mzSPGkOyzW8[/youtube]

 EDITO: Recentemente o proxecto cambiou de nome de  Isis a Freya. O motivo é pola coincidencia do nome co grupo militar que está facendo “estragos” en Irak. A equipa de ElemtaryOS non quere que se lles confunda nin relacione con este grupo.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-