Gracias a esta entrada de Lignux onte descubrín un novo proxecto de emulación bastante interesante. Chamase PPSSPP e obviamente emula a PSP (PlayStation Portable). A parte das versións para GNU/Linux está dispoñible para multitude de sistemas operativos tales como Android, Windows, MacOS, iOS, etc. A emulación é de gran calidade, e tendo en conta o catálogo desta consola, vale a pena darlle unha oportunidade.
O emulador está moi coidado, cuns menús ben deseñados e intuitivos, dache a impresión de estar no menú dunha consola. Pero para nada penses que non hai opcións de configuración, tes as que queiras. Tamén ten unha ventaxe, xa que non precisas unha bios, xa que o emulador simulaa.
Si queredes instalalo en Ubuntu simplemente tendes que seguir estes pasos, empezando por abrir unha teminal:
sudo add-apt-repository ppa:ppsspp/stable
sudo apt-get update
sudo apt-get install ppsspp-qt
Deixovos un video de Youtube para que vos fagades unha idea das posibilidades deste emulador:
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=10_i9cQdQA0#t=35[/youtube]
Se queredes mais información sobre este emulador este é o seu sitio oficial