Arquivos da etiqueta: Evolution

Thunderbird xa está en Oneiric

Teño por costume ir probando as Alphas de Ubuntu cunha sesión de Virtualbox para así ver as novedades e melloras que vai incorporando pouco a pouco. Hoxe acabome de dar de conta dunha moi importante, xa que entre as actualizacións xa está Thunderbird.

Para min esta mellora (si, mellora) é moi importante porque unha das primeiras cousas que facía o acabar de instalar Ubuntu era substituir o Evolution polo Thunderbird. Para min este xestor é moito mais completo e funcional que o que vai sustituir. Ademais é multiplataforma, co que a migración de outros sistemas a Ubuntu é moi sinxela, basta con copiar os archivos de configuración e mensaxes.

Cada día gustame mais Ubuntu, xa que pouco a pouco vaise parecendo mais as miñas preferencias persoais. Agora so queda esperar por Chromium, e quen sabe, quizais algún día Guayadeque

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-