Arquivos da etiqueta: fiestra única

Por fin Gimp 2.8

Dende que se anunciou hai mais ou menos 3 anos o desenvolvemento de Gimp 2.8, rios de tinta en prol das suas supostas melloras escribironse. Agora por fin o temos aquí. En principio podes atopar o código fonte na páxina do proxecto, pero si o queres instalar en Ubuntu (ou derivados) somentes tes que instalar este repositorio (gracias Otto-Kesselgulasch) no teu equipo. Para elo so tes que introducir os seguintes comandos na tua terminal:

sudo add-apt-repository ppa:otto-kesselgulasch/gimp
sudo apt-get update
sudo apt-get install gimp

Esta nova versión ven plagada de novas caracteristicas  que podes consultar nas notas da versión , pero a que mais destaca entre todas e o modo de xanela única do que tanto se ten falado.

Xa sabedes, amantes do retoque libre, a actualizar toca.

Atopado en Ubuntips

 

Edito: Se simplemente actualizades non instala a versión 2.8, borrade primeiro a versión anterior (sudo apt-get purge gimp). Se queredes por o modo de xanela única ide a Xanelas-> Modo de Xanela Única

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-