En primeiro lugar gustaríame desculparme pola falta de artigos publicados no meu blog ultimamente. Entre o traballo e o outro proxecto no que estou involucrado (JugandoEnLinux.com) , cústame sacar tempo e ideas para publicar. Pídovos desculpas. Agora o lío:
Probablemente GIMP sexa un dos softwares de código libre mais coñecidos é utilizados. Pese a que polo de agora non é competencia para o famoso Photoshop de Adobe, cada vez vaise achegando mais e mais, con pequenas melloras que o fan cada día mais competitivo. Por si queda alguén que non o coñeza, GIMP é un software de retoque fotográfico dixital profesional (si, profesional, a pesar do que vos digan algúns acólitos do software privativo pirateado), válido para o día a día da gran maioría de fotógrafos e retocadores dixitais, e por suposto para o usuario corrente que quere editar calquer tipo de material fotográfico.
Dende que se anunciou hai mais ou menos 3 anos o desenvolvemento de Gimp 2.8, rios de tinta en prol das suas supostas melloras escribironse. Agora por fin o temos aquí. En principio podes atopar o código fonte na páxina do proxecto, pero si o queres instalar en Ubuntu (ou derivados) somentes tes que instalar este repositorio (gracias Otto-Kesselgulasch) no teu equipo. Para elo so tes que introducir os seguintes comandos na tua terminal:
Esta nova versión ven plagada de novas caracteristicas que podes consultar nas notas da versión , pero a que mais destaca entre todas e o modo de xanela única do que tanto se ten falado.
Xa sabedes, amantes do retoque libre, a actualizar toca.
Edito: Se simplemente actualizades non instala a versión 2.8, borrade primeiro a versión anterior (sudo apt-get purge gimp). Se queredes por o modo de xanela única ide a Xanelas-> Modo de Xanela Única
Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.