Arquivos da etiqueta: Gnome Classic

Trisquel 5.5 Brigantia dispoñible

Compraceme anunciar que xa está dispoñible a nova versión de esta distribución baseada en Ubuntu completamente libre (creo que está aprobada pola FSF, corrixideme si me trabuco) desenrolada pola Universidade de Vigo.

Neste caso compre decir que se incluiu Gnome 3.2, ainda que co modo 2D (Gnome Classic). A razón de esto é para evitar na medida do posible a instalación de drivers privativos, necesarios en moitos casos cando se precisa de aceleración gráfica.

Tamén inclue como novidades a versión 3 do kernel, Libreoffice 3.4.4, Abrowser 11 (versión modificada e libre de Firefox 11). Entre outros paquetes interesantes que trae atopamonos con Exaile, Evolution, Brasero, Pitivi, Gimp… a fin de contas unha distribución completiña que nada lle ten que envexar a outras mais coñecidas, e que se nota que está feita con moito xeito.

Polo pouco que ainda puiden probar funciona de maravilla e o escritorio clásico gostame moito. Decir que se comporta bastante ben en equipos modestos. Ahhh… detalle que me gusta moito, ten o instalador de aplicacións antigo, si… ese que che permitía algo tan sinxelo como marcar todos os paquetes que queres instalar en facelo todo dunha vez unha vez rematada a seleción, o cal é perfecto para equipos vellos.

Se vos queredes pasar pola sua páxina e descargala, premede no seguinte link:

Trisquel GNU/Linux

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Senon gostas de Unity: Ubuntu Gnome Classic

Moitos son os que renegaron de Ubuntu por culpa de Unity ou Gnome3, e preferirían o escritorio clásico. Con Ubuntu Gnome Classic témolo portado a Gtk3. Agora tamén temos os indicadores da barra de tarefas (notificacións, usuario, son, etc) incluidos. Se queres instalalo so tes que por nunha terminal:

 sudo apt-get install gnome-session-fallback

Logo somentes tes que iniciar a sesión pondo nas opcións Gnome Classic.

Saudos

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-