Arquivos da etiqueta: gnome-panel

Como por un acceso directo no Escritorio de Ubuntu

Nun primeiro lugar gustaríame agradecer a “El Blog de Liher” toda a información sobre este tema. Realmente este post está case que completamente baseado no citado.

En primeiro lugar gostaríame porvos en situación, xa que seguramente todos os que usades Unity pasoubos o mesmo en mais dunha ocasión. O tema é que dende que Ubuntu usa este escritorio por defecto non podemos crear Accesos Directos no escritorio. Antes chegaba con clicar co botón dereito do rato no Escritorio para ter a opción de crear un acceso directo, e mostrabasenos un dialogo que nos permitía apuntar o executable e escoller unha icona.

Agora mesmo non podemos facer eso, como moito crear unha ligazón e logo movela o escritorio, pero todos sabemos que non é o mesmo. A verdade é que non entendo, nin eu nin ninguén, porque eliminaron esta opción tan útil, pero supoño que quererían centrar todo no Dash e na barra lateral e deixar o escritorio para outras cousas, pero, o meu humilde xuizo, pareceme un erro. Por por un exemplo, hai aplicacións que veñen empaquetadas nunha simple carpeta, e se non queres deixar esta no escritorio tes que ir ata donde a teñas e logo buscar o executable.

O primeiriño que temos que facer é instalar Gnome-Panel, que é un entorno de escritorio clásico que incluso podemos arrincar no logín é que basicamente é o Gnome de toda a vida. Xa, xa sei que fastidia ter que instalar un entorno de escritorio para so crear un acceso directo, pero é o que hai… Bueno, pois abrimos unha terminal coma sempre e escribimos:

sudo apt-get install gnome-panel

Unha vez instalado o “gnome-panel” si queremos abrir o dialogo de crear o acceso directo facemos Alt-F2 e tecleamos o seguinte comando:

gnome-desktop-item-edit ~/Escritorio –create-new

AccesoDirectoUbuntu

Como vedes por fin temos diante do nariz tan apreciada fiestra onde podemos crear tan apreciado elemento. Agora so temos que encher os campos (Nome, executable, icona, descripción…), e unha vez feito isto xa temos o noso flamante acceso directo no Escritorio.

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-