Arquivos da etiqueta: Half Life

Verán quente cheo de xogos nos nosos equipos

Fai algúns meses tiñamos a magnífica noticia por parte de Valve de portar o cliente Steam a GNU/Linux. Obviamente esto provocou unha expectación sen precedentes para os mais “gamers” do noso mundiño. Nun principio tiñamos certa desconfianza sobre o futuro desta plataforma no noso sistema. Moitos pensabamos que sería un experimento cuns poucos xogos e que pouco a pouco iríase abandoando.

Segundo pasaban as semanas ollabamos como pasabamos de ter un catalogo de xogos “menores” (poño esto entre comiñas, un respeto) a como ian desembarcando nos nosos PC’s Betas de grandes titulos, especialmente de Valve. Así iamos vendo como Team Fortress 2 aparecía, e logo a saga de Half Life (1 e 2), os mods mais coñecidos como Counter Strike (normal e source), Day of the Defeat, etc. Despois (entre outros) aparecería Portal (grande, grande). Tamén viamos como aparecían outros titulos de terceiros como Serius Sam 3, Oil Rush, Crusader Kings, e o anuncio de Europa Universalis IV para mediados deste verán. Todo esto a uns precios de risa, como sagas completas por menos de 6€ si os pillas con desconto.

A semana pasada a noticia bomba foi Left4Dead 2 (e houbo que pillalo claro, pero cun desconto do 75%), e agora Dota2 Test(Free to Play). Como o tema siga nesta progresión imos a quedar mais brancos ca teta dunha monxa, xa que polo de agora a radición dos nosos monitores non pon moreno.

So espero que Steam para Linux non se convirta na nova Nintendo, digoo por que case todos os títulos realmente importantes son de Valve, e os xogos AAA de terceiros non dan polo de agora chegado.

Que, ¿votamos unha partidiña?

steamlinux

Engado: Dota2 dende hoxe (19-7-13) xa non é un xogo Beta. Xa está dispoñible de forma oficial para descargar. Borrade Dota2 Test e instalade Dota2. A ver si vos vexo no Steam!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-