Arquivos da etiqueta: Información

I-Nex axúdache a coñecer o teu Hardware

Moitas veces precisamos coñecer diferentes aspectos do hardware dun computador, como o modelo de placa, procesador, BIOS, gráfica, etc. En Windows temos fai tempo unha ferramenta moi boa que se chama CPU-Z. En Linux dispomos de diversas ferramentas tanto gráficas como de terminal que nos permiten o mesmo. pero agora temos I-NEX que basicamente é un clon de CPU-Z.

Permite tamén xerar un reporte con toda a información que recolle o programa do computador e envialo a pastebin ou servicios similares.

Se queredes instalalo so tendes que abrir unha consola e teclear o seguinte:

sudo add-apt-repository ppa:nemh/gambas3
sudo apt-get update
sudo apt-get install i-nex

i-nex

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-