Arquivos da etiqueta: Kernel 3.8

…e chegou o Lémur Entusiasta

Como ven sendo norma, despois de 6 meses dende a última versión de Ubuntu (12.10 Quantal Quetzal) xa está connosco a nova versión da distribución de GNU/Linux mais popular. Decir que levoa usando en Beta dende hai mais de dous meses e non tiven ningún problema grave con ela, funcionoume todo correctamente.

En primeiro lugar decir que sin dúbida nengunha estamos diante da mellor versión de Ubuntu ata o de agora, e non so por que sexa a mais nova e avanzada. Dende o meu punto de vista é bastante mais estable e rápida cas útimas.

Está claro que a xente de Cannonical púxose as pilas pulindo Unity e o rendemento en xeral do sistema en comparación coas últimas versións co novo entorno de escritorio. Non se pode decir que sexa unha versión con novidades moi impactantes, pero si sustanciais. Entre estas novidades mais importantes estan as seguintes:

– O Kernel de Linux actualizouse a versión 3.8.8

– O entorno de Escritorio Unity chega a versión 7, con importantes melloras estéticas, de funcionamento e rendemento (traga menos memoria, non moita menos, pero menos). As previsualizacións son mellores, cambiou o deseño dalgúnhas iconas, animacións, etc.

– A suite ofimática por defecto, LibreOffice, actualizase a versión 4.

– A aplicación de actalización do sistema aparece simplificada e mais ordenada.

– O navegador Firefox chega a versión 20

– Mellora do efecto Window Snapping, cando se achega a fiestra os laterais e parte superior do escritorio.

– O dialogo de Apagado é visualmente mais moderno e en consoancia con Unity.

– Mellor integración con Ubuntu One.

– Mellor desenrolo con drivers libres nouveau.

Como sempre decir que tamen se actualizan todas as versións da familia Ubuntu, como Kubuntu, Xubuntu, Lubuntu, Ubuntu Gnome, Ubuntu Studio, Edubuntu…, e tamén que esta versión servirá como base para o desenrolo da versión para Smartphones, Tabletas e Televisores, Ubuntu Touch.

blackeubuntulogo

 

Se queredes baixala, coma sempre, dende a páxina de Ubuntu

Xa estades tardando en baixala e instalala.

 

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-