Arquivos da etiqueta: lubuntu

LXLE, unha pequena gran maravilla

Hola

Onte navigando un pouco pola rede atopei unha reportaxe en Genbeta dunha distro para equipos modestos baseada en Lubuntu. A verdade é que facía tempo que non atopaba algo tan realmente bo e tan traballado.

Esta distro esta baseada como dixen antes en Lubuntu 12.04, co Kernel da serie 3.2, e está especialmente pensada para sacarlle a chicha a equipos que xa están un pouco maiores. Como escritorio trae LXDE, o que asegura un rendemento moito mais fluido en equipos vellos.

A eleción do software que ven incluido é un gran acerto, xa que ten as últimas versións do software (Gimp 2.8, Firefox 19, LibreOffice 4, Guayadeque) e ven moi completa. Dispón de Conki para monitorizar o sistema e uns fondos de pantalla simplemente xeniais que cambian en cada sesión.

Ainda que quizais os aspectos mais positivos que lle atopei a esta xenial distribución é o magnífico centro de software (Deepin) e a posibilidade de instalar os drivers privativos de Nvidia para tarxetas moi vellas. O primeiro pegalle 20 voltas o de ubuntu, cunha interfaz moi sinxela, chamativa e ben deseñada, que funciona xenial e non se atraganta se non tes moitos recursos (todo o contrario que a de Ubuntu). O segundo permitiume instalar o driver de nvidia da serie 96 nunha Geforce 2 MX200 simplemente usando o jockey-gtk (Drivers Adicionais) e sin necesidade de facer “chiribitas”. Decir tamén que nun equipo SGI que da moitos problemas para executar linux ca maioría das distribucións non tiven maior problema que engadir “nomodeset” nos parámetros do Kernel no arranque.

Aspectos negativos, a verdade é que moi poucos. Sinalaría simplemente dous, que realmente non son un problema. Un é que trae moito software duplicado, e decir, que trae programas diferentes que fan o mesmo (Firefox e Chromium por por un exemplo) e que polo tanto a imaxe da distribución ocupa bastante mais do normal (1.5 GB)

Dispón de 3 versións para descargar; unha de 32 bits con PAE e soporte para mais de 4GB, outra sen PAE, e unha de 64 bits.

LXLE

Se queredes botarlle un ollo, a páxina do proxecto é esta:

LXLE

Actualizo: Hoxe (24-3-13) saiu a versión oficial. Da que vos falaba antes era unha beta. A descargarrrrr!!!!!!

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Instala o driver privativo (nvidia-96) en tarxetas NVIDIA moi vellas

A menudo atópome con que lle teño que volver a dar vida a equipos do seculo pasado, e en moitos casos estes teñen tarxetas Nvidia bastante antigas.

Se instalamos versións novas de diferentes distribucións de Linux, en todos os casos non podemos instalar facilmente o driver privativo correspondente a nosa tarxeta, instalando por defecto o driver libre Nouveau. Antes de nada gustaríame deixar clara unha cousa; en moitos sitios teño  lido  que o driver Nouveau e case igual de potente que o privativo en tarxetas antigas. Non sei si esto e certo ou non, pero as probas que eu realicei, por exemplo con videos en HTML5 en Youtube demostranme o contrario. Cunha calidade de 360p, co Nouveau vai a saltos, e co driver privativo vai casi perfecto. Agora é vosa a elección. Outra cousa que a min me convence e que co panel de control de Nvidia (nvidia-settings) obteño bastante mais control que co inexistente para nouveau.


GeforceMx200inno3d

Decir que o metodo que eu sigo é unha mezcla de varios métodos que atopei por ahí, e despois de moito probar parece que funciona.

Para instalar o driver privativo utilicei unha Nvidia GeForce2 MX200 de 32MB (pedazo de pepino, ehhh), sobre un equipo de marca bastante especial (do que non penso decir o nome) que leva dous pentium 3 a 1000 Mhz e 512MB de RAM. Decir que co driver nouveau so acadaba unha resolución de 1024×768 e tiña que usar un nomodeset como opción do Kernel para poder ver algo no monitor de 21″.

IMPORTANTE: Este sistema so me funcionou en versións derivadas de Precise Pangolin (12.04). Estou probando a ver si son capaz en 12.10. Se tes esta última non uses este método.

Os pasos que seguín foron os seguintes:

1º Descargar o driver privativo correspondente para a tarxeta, neste caso nvidia-96. Na páxina de Nvidia atopei un pero non me funcionou, raramente era Nvidia100. Eu baixeino de esta dirección (polo que se ve é unha versión preparada para 12.04):

ftp://download.nvidia.com/XFree86/Linux-x86/96.43.23/NVIDIA-Linux-x86-96.43.23-pkg1.run

2º Entrar na consola de texto 1 con Ctrl + Alt + 1 (ou 2, ou 3… ata 6)

3º Loguearnos co noso usuario, que por suposto pertenza o grupo de administradores para poder usar sudo

4º Localizar no disco duro o arquivo que baixamos e cambiar os permisos para darlle o de execución:

sudo chmod +x NVIDIA-Linux-x86-96.43.23-pkg1.run

5º Logo temos que desactivar a sesión gráfica e aquí depende da distribución que usemos. Si é Ubuntu, Lightdm, si e Lubuntu Lxdm, etc. No meu caso é Lxdm:

sudo service lxdm stop

Probablemente despois desto cambiará de pantalla e non nos deixará teclear, pero repetimos de novo o paso nº2 e continuamos.

6º Instalamos os seguintes paquetes para poder compilar o módulo do driver:

sudo apt-get install linux-headers-generic build-essential

7º O rematar executamos o paquete que descargamos no punto nº1:

sudo ./NVIDIA-Linux-x86-96.43.23-pkg1.run

E seguimos as instruccións na pantalla decindolle a todo que si, continuar, etc.

8º O rematar reinciamos o sistema e si todo foi ben teremos o driver privativo funcionando na nosa nova distro coa tarxeta antediluviana.

Non se pode esperar maravillas nin grandes diferencias, pero eu polo menos conseguin total control sobre as resolucións e taxas de refresco do meu monitor de 21″, puidendo alcanzar os 1600×1200. Agora non teño que ver esas letras e iconas tan grandes.
350px-Nvidia_logo

Noutro orden de cousas, non sei si este método é extrapolable a tarxetas un pouco mais modernas que usen o driver nvidia-173

Espero que vos sexa tan útil coma min. Saudos

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-