Arquivos da etiqueta: Metro 2034

Metro Last Light xa chegou a Steam para Linux

Vaia, quen o diría. Así coma quen non quere a cousa, sen grandes anuncios. Dun dia para outro, aparece o iconiño de Tux na páxina da tenda. Esto, a simple vista non parece nada doutro mundo, pero si temos en conta que se trata dun título AAA, dun dos grandes éxitos deste ano nos videoxogos (por non decir do mellor xogo deste ano), a importancia deste iconiño é maior.

Metro Last Light

Metro Last Light (4A Games) é a continuación de Metro 2033 (solo Windows), un xogazo que apareceu no ano 2010, cunha historia soberbia (está baseado na novela de Dmitri Glujovski). Nel presentabase un mundo Postapocaliptico onde vivir na superficie da terra era imposible pola radioactividade e polas criaturas mutadas. A xente vive nas estacións do Metro de Moscú e organizase en diferentes faccións politicas que viven permanentemente enfrentadas polo control do metro. No xogo eres Artyom, e debido a unha serie de circunstancias terás que moverte entre esas estacións, cos peligros que conleva. Tamén terás que sair a superficie de vez en cando e ver a devastación e efectos da guerra nuclear. Bueno, non conto mais que logo acusanme de ir soltando Spoilers.

Nesta segunda parte, a que nos interesa, a historia continua e todo o que podo decir é que si a primeira parte era incrible, a segunda é tremenda. Tiven a oportunidade de xogalo en Windows e podo decir sin medo que probablemente sexa o xogo con mellores gráficos que vira ata o de agora. Os sonidos son incribles, parecendo que estas nos túneis do metro de verdade,  a traducción o castelán é sobresainte, e ten unha banda sonora que cumple a perfección. A ambientación e totalemente inmersiva, tanto que as veces pegas un chimpo no sillón. A xogabilidade e ainda mellor que na primeira parte (un consello, non desperdicies a munición). A verdade é que teño curiosidade por ver como se move no noso sistema.

Se queredes pillalo e disfrutar dun xogo de acción en primeira persona como dios manda en linux, decirvos que o tendes en Steam por 29,99€. Eu en canto me de o presuposto ou haia algunha oferta penso pillalo. Si algún de vos ten a oportunidade de xogalo agradecense os comentarios. ¿Será este o comenzo da revolución que todos agardamos?

Trailer:

[youtube]http://www.youtube.com/watch?v=8DwJOhW5KYU&feature=share&list=PLFFD9A20B61C44D54[/youtube]

Videos do Xogo correndo en Linux:

[youtube]http://youtu.be/KSrjHc41P5c[/youtube]

[youtube]http://youtu.be/hMa2L_qyIbk[/youtube]

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-