Arquivos da etiqueta: Multiplataforma

Escribe imaxes de disco en USB con Etcher

Supoño que xa non adoitas a queimar CD’s e DVD’s con imaxes de LiveCD’s. Dende hai xa moito tempo hai a posibilidade de usar USB’s para tal tarefa.  Ademais e moito mais rápido e económico xa que podemos repetir esta operación as veces que queiramos.

Para elo existen multitude de ferramentas entre as que destacan a que ven por exemplo con Ubuntu, que simplemente non está a altura, e polo xeral a min sóeme dar problemas; e a veterana Unetbootin que sempre me foi de perlas.

Etcher_Pero hai uns días apareceu unha nova aplicación que acaparou a miña atención, polo simple e ben deseñada que está. Chámase Etcher e funciona as mil maravillas. Ademais é multiplataforma xa que a parte de Linux, tamén está dispoñible para Mac e Windows. Seguir lendo Escribe imaxes de disco en USB con Etcher

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Edita video con Shotcut

Hai uns meses que coñezo a existencia de este editor de video, pero despois de ler unha entrada sobre él en Lignux ocorreuseme que por que non ía facer un pequeno artigo sobre este programa.

Shotcut, como antes dixen, é un editor de video de código aberto multiplataforma (GNU/Linux, Mac, Windows). É capaz de recoñecer grande número de formatos, tanto de video, coma de audio, coma imaxes. Dispón dunha potente interface gráfica que facilita moito o traballo e é bastante configurable o noso xeito. Permite traballar con diferentes formatos de transmisión de video en rede coma HTML, HLS, RTMP, RTSP ou MMS entre outros. Tamén permite capturar video e audio dende diferentes orixes. Permite a utilización dun monitor externo e de forma experimental permite o procesamento por GPU.

Vamos, que o programa ven completiño, e polo que vexo dende hai tempo está avanzando a bo ritmo incluindo cada pouco novidades. As últimas son un analizador de espectro de audio, un botón para bloquear unha pista, atallos de teclado, novos flitros de audio e video, etc

Se vos apetece darlle unha oportunidade e probalo aquí tendes varios videotutoriales e atallos de teclado.

Shotcut

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

B1, un potente compresor/descompresor de arquivos

Recentemente lendo un post de Planeta Diego descubrín unha ferramenta que non pode faltar en nengún equipo informático. Existen moitísimas alternativas a este tipo de programas, pero o que me chamou a atención é que este é verdadeiramente un programa multiplataforma, xa que na sua páxina oficial podemos descargar paquetes para Ubuntu, Linux, Windows, Mac, Android, e proximamente tamén para iOS. Normalmente en Linux sempre uso filerroller e nas instalacións de Windows que teño que facer, 7zip.

O programa é de código libre (Apache License) e permite comprimir e descomprimir nunha cantidade asombrosa de formatos (zip, rar, 7z, bzip, gzip, iso, dmg, rpm, deb… e moitos mais), e por suposto o .b1, que permite unha compresión ainda mais potente que por exemplo con .rar. Pode traballar con arquivos encriptados e/ou divididos. Ten unha interface sinxela, coidada e rápida; ademais ten incluidas accións se prememos co botón dereito do rato (menú contextual) no arquivo comprimido ou a comprimir. A navegación polo sistema de arquivos e a previsualización dos arquivos comprimidos é moi rápida. Está traducido a multituide de idiomas, ainda que neste caso non está en galego (haberá que porlle solución a iso).

Penso que este programa vale a pena e polo menos deberiades darlle a oportunidade de probalo. A min a verdade é que me convenceu sobradamente.

B1

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-