Arquivos da etiqueta: Oneiric Ocelot

Benvida Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot

Despois de 6 meses de desenrolo chega a esperada nova versión da distro de Linux mais coñecida e usada (pese a quen lle pese). A pesares de non conter grandes novidades os cambios nesta versión son moi positivos. O mais suliñable é:

Kernel 3.0, con bastantes mellores entre as que se atopa a inclusión de novos adaptadores WiFi.

Unity 3D por defecto e 2D en caso de falla. Unity sofre importantes melloras  e correccións (Dash, switcher, efectos …) e agora o seu uso é moito mais sinxelo e vistoso. En caso de non poder usar a versión 3D (para tarxetas gráficas modernas) ponse por defecto a versión 2D, case igual a 3D, pero con menos efectos visuais. Ambos escritorios corren sobre Gnome 3.2, polo que tivo que ser portado a GTK3.

Novo xestor de sesións LightDM que sustitue a GDM

Firefox 7, a ver por canto tempo, por que se especula con cambiar o navegador por defecto por Chromium (por min DPM)

Thunderbird 7 sustitue a evolution como xestor de correo, algo penso eu que moi positivo, polo menos para min. O primeiro que facía o rematar de instalar Ubuntu era quitar Evolution e por Thunderbird. Ademais integranno moi correctamente con Unity.

Centro de Software de Ubuntu (5.1.0.4) : recibe un lavado total de cara, mellorando moito o seu aspecto.

-Versións novas dos programas Banshee (2.2), LibreOffice (3.4.3), Shotwell (0.11.2), Gwibber (3.2.0.1), etc


Xa sabedes, e hora de actualizar. Se queredes baixar a última versión pinchade no Link

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-