Hola de novo… fai tempo, ehhh. Como seguramente saberedes dende a miña última entrada no blogue pasaron moitas cousas, entre elas a saida dunha nova versión de Ubuntu; pero como eso repitese e repitese constantemente en todos os Blogues pois paso de postealo.
O que si me parece importante e útil e instalar a última versión do driver privativo de Nvidia. Non sexamos fanáticos, o driver Nouveau vai ben para entornos non moi esixentes, pero si queremos algo mais precisamos potencia, e esa potencia polo de agora só no la da o driver privativo.
O caso é que en moitas ocasións o instalar o driver correspondente a través do Centro de Software (non sei por que agora non se informa da posibilidade de instalalo co Jockey-gtk), Unity deixaba de funcionar ou había diferentes problemas gráficos que obrigaban a volver a Nouveau.
Parece que Nvidia deulle solución a e este e outros problemas ca última versión dos seus drivers para linux; e ademais, entre outras cousas mellora o rendemento considerablemente. O parecer contaron ca inestimable axuda da xente de Valve para que todo estivera listo para o desembarco de Steam en Linux.
O que iamos, se queres instalar a última versión simplemente sigue os seguintes pasos:
-Engade e actualiza os repositorios:
sudo add-apt-repository ppa:xorg-edgers/ppa
sudo apt-get update
-No caso de que teñas instalado a versión anterior do driver privativo, desinstala primeiro:
sudo apt-get remove nvidia-current
-Instala as cabeceiras e a última versión do driver:
sudo apt-get install linux-headers-generic & sudo apt-get install nvidia-current nvidia-settings
Despois de todo o proceso recomendoche reinicies o teu equipo.
Nota: que eu saiba estos pasos son válidos para Ubuntu 12.10 / 12.04 e Linux Mint 13, ainda que probablemente para derivados tamén funcione.
Saudos