Arquivos da etiqueta: radeon

Drivers Gráficos Libres, “ou lleaaa”

De todos é sabido que unha das asignaturas pendentes de linux é o rendemento gráfico, sobre todo no tema das 3D. O soporte, polo menos ata o de agora nunca foi moi bo e si queríamos disfrutar dunha experiencia gráfica aceptable, non tiñamos en moitos casos mais remedio que instalar os drivers privativos, co que eso conleva, xa non so a nivel ético ou filosófico, senon ca cantidade de erros que estos soen presentar, sobre todo no caso das tarxetas AMD/ATI.

Gracias a deus, ou mais ben o xenial traballo de certos programadores, cunha paciencia sublime, loitando horas e horas con inxeñería inversa para descubrir como funcionan as tarxetas gráficas; e mais recentemente cunha lixeira apertura por parte dos fabricantes; estes drivers libres cada vez son mellores, dando un rendemento aceptable, e pouco a pouco aproximandose a calidade dos privativos.

Tamén cabe destacar as melloras no apartado gráfico no Kernel e mais nas librerias gráficas Mesa 3D. Por defecto, en Ubuntu e derivados podemos desfrutar do uso de drivers gráficos libres para NVIDIA (nouveau), AMD/ATI (radeon) e INTEL, pero si o que queremos é estar a última nestes avances vouvos ensinar como. Simplemente debedes abrir unha Terminal e escribir os seguintes comandos:

sudo add-apt-repository ppa:oibaf/graphics-drivers
sudo apt-get update
sudo apt-get dist-upgrade

Logo so tendes que reinciar o sistema para que cargue de novo estos drivers e en principio deberíades notar unha importante mellora, sobre todo no que se refire nas aplicacións gráficas, sobre todo xogos.

Por por un exemplo notei un incremento dun 30% mais ou menos, do framerate en OpenArena cunha ATI Radeon 9200 do ano da pera. Se queredes facer a proba con este xogo abride a sua consola pulsando Shift + Esc e escribide “/cg_drawFPS 1“, e pechade a consola ca mesma combinación de teclas.

Si queredes ver información da tarxeta gráfica, controladores, OpenGL, Mesa… para comprobar antes e despois que a versión do controlador cambia (por exemplo) escribide este comando na terminal:

glxinfo | grep OpenGL

graficas

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-