Arquivos da etiqueta: reproductor

Sayonara, un reproductor de audio excelente

De reproductores de audio está plagado Linux, pero poucos deles pasaron a estar no selecto grupo dos meus discos duros. Fai alguns anos comecei usando Listen, logo continuei con Guayadeque, pero por desgracia ambolos dous proxectos caeron no olvido e na indiferencia pese a ser dous grandes reproductores.

Agora atopei un digno sucesor para estos, trátase de Sayonara, un reproductor escrito en C++ sobre Qt, cun consumo de recursos ridículo tanto en memoria como CPU, pero non por elo falto de caracteristicas atractivas.

O primeiro que vemos é que ten unha interface moi limpa, atractiva e sinxela que ademais é personalizable. Dispón de múltiples funcións tales como ecualizador, vúmetros, espectrómetro, conversor de MP3, soporte para Last.fm, podcasts, letras, Soundcloud… e unha das mais importantes e imprescidibeis para min, a reproducción Dinámica. Por suposto ten Biblioteca, busqueda, reproduce múltiples formatos de son…

sayonaraDeberíades probalo xa que realmente trátase dun software moi recomendable, sobre todo si tendes grandes coleccións de música que xestionar nos vosos discos duros. Para elo simplemente debedes abrir unha terminal e executar o seguinte (Ubuntu e derivados) :

sudo apt-add-repository ppa:lucioc/sayonara

sudo apt-get update

sudo apt-get install sayonara

Se queredes pasarvos pola páxina do reproductor esta é a dirección: http://sayonara-player.com

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-