Acabo de flipar o leer esta noticia en MuyLinux. O parecer, un programador español, chamado Busindre, acaba de facer un script que permite ver os canais da TDT a través de internet, e cun retraso mínimo duns 10 segundos e unha calidade moi aceptable (nada que ver con outros experimentos que vin anteriormente).
A web do proxecto e esta: TVenLinux, e nela podedes atopar toda a información sobre a instalación, consellos, teclas , etc.
Basicamente resumese na instalación de algunhas dependencias e a execución dun script.
Primeiro tendes que instalar mplayer rtmpdump e curl. Se o ides facer en Ubuntu e derivados so tendes que teclear o seguinte nunha terminal:
sudo apt-get install mplayer rtmpdump curl
Logo tendes que descargar o script e darlle permisos de execución. Tan sinxelo como darlle as propiedades do script e na pestana de Permisos marcar a casiña de Executar. Senon sempre podedes facelo dende unha terminal:
chmod u+x TVenLinux.sh
Logo simplemente tendes que executar o script ( ./TVenLinux.sh ) e sairavos unha ventá onde podedes escoller o canle que queredes ver.
Xa non fai falta levantarse da silla do ordenador para seguir un programa …
Saudos