Pois eu si que notaba algo. Cando usaba Gnome tiñá na barra de ferramentas inferior o applett do monitor do sistema que me informaba do consumo de recursos do ordenador e províñame dun acceso directo rápido a aplicación “susodicha”.
Coa chegada de Unity, o non poder engadir appletts facilmente a barra de ferramentas superior era mais atravesado. Pero hoxe atopei unha pequena aplicacioón que se pon na bandexa do sistema que provee de información tal como a carga do sistema, tanto gráficamente coma un icono animado, como porcentualmente; así como datos sobre o uso da memoria, disco, swap, rede, e un acceso directo o monitor do sistema. A aplicación integrase de forma perfecta con Unity e é totalmente minimalista. Chamase SysPeek .
Se queredes instalala soamentes tendes que executar nunha terminal as seguintes liñas:
sudo add-apt-repository ppa:vicox/syspeek
sudo apt-get update && sudo apt-get install syspeek
Espero que vos sexa tan útil como é para min.

EDITADO 22-5-12: Aqui tendes outro indicador diferente:
sudo add-apt-repository ppa:indicator-multiload/stable-daily
sudo apt-get update
sudo apt-get install indicator-multiload
Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-