É incrible como está cambiando toda a escena de Linux gracias a Steam. Vale, xa sei que Steam é unha aplicación privativa, que fornece un servicio donde se ofrecen e venden xogos privativos e con DRM, pero está claro que a xente de Valve está a cambiar as reglas e dandolle un impulso importantisimo o noso sistema.
Dende que o tío Gabe decidiu apostar por linux sacando o cliente de Steam e logo anunciando SteamOS, o sistema operativo que correrá baixo as Steam Machines; non recibimos mais que boas noticias, sobre todo os mais gamers, entre os que por suposto me incluo.
