Para ser exactos é mellor decir VLC 2.0 RC1 Twoflower (recordade que é unha versión de proba).
O reproductor multimedia por excelencia en Linux (e casi que diría que de Windows e Mac) vai madurando pouco a pouco para incluir novas caracteristicas. Estas son, por exemplo, melloras na interface, novos botóns, mais formatos soportados, melloras na xestión de subtítulos, avances na integración de Blu-Ray; e as típicas optimizacións e correccións de erros.
Se queredes instalar esta última versión tanto en Ubuntu como en Mint (atención, so 11.10 e 12.04) tendes que abrir unha terminal e engadir o repositorio:
sudo add-apt-repository ppa:videolan/stable-daily
Despois actualizar e instalar:
sudo apt-get update && sudo apt-get install vlc