¿Sorprendido? Ola de novo se aínda pasas por aquí. Como xa comentei en múltiples ocasións, este blog non é mais que un Bloc de Notas onde de vez en cando paso a deixar un apunte que me parece interesante e non quero esquecer. Se de paso lle ven ben a alguén, pois mellor aínda, ¿nisto consiste o software libre, no?
O caso é que dando unha voltiña por DesdeLinux, por certo, un blog en castelán recomendadísimo, atopei este programa que me pareceu moi interesante. Trátase de MystiQ, e con imos poder converter moi facilmente arquivos de vídeo a diferentes formatos e con multitude de opcións interesantes, a través dunha interface sinxela e amigable.
Ola de novo. Como vedes non ando moi activo por estes lares ultimamente, pero a vida é a que é, e como supoño que lle pasa a case todo o mundo o tempo escasea, do mesmo xeito que as gañas e os temas sobre os que escribir. Penso que xa vos comentara en outras ocasións que este Blog non ten a intención de ofrecer unha información cumprida sobre a actualidade do software libre, senón mais ben é coma un caderno onde deixo anotadas cousas que me parecen utis ou interesantes para o meu día a día.
Nesta ocasión chamoume moito a atención unha aplicación que realmente non ten nada especial nin orixinal, pero que paréceme que ten todo o que eu preciso e o presenta do xeito que a min me gusta. Esta aplicación chámase “Meteo” e como adiviñaredes sen moita dificultade, serve para consultar o tempo e as previsións.
Un dos últimos artigos que escribín falaba de WOEUSB, que nos permitía escribir imaxes iso de instaladores de Windows dende Linux. Tamén noutra ocasión falamos de UbunSys, un pequeno frontend que nos deixaba “tocar” unha morea de detalles no noso sistema Ubuntu. Como vedes, o tamaño dos programas non ten nada que ver coa sua utilidade, e moitas veces estas pequenas aplicación pódennos salvar a vida en situacións complexas, ou facilitarnos o día a día.
Nesta ocasión quería falar de MkUSB, unha pequena ferramenta que nos permitirá xestionar as nosas unidades USB e tarxetas de memoria. Con ela poderemos escribir imaxes ISO e IMG (con diferentes opcións, incluso con ISOs de Windows) en unidades extraíbles, inicializar e restaurar as unidades, ou borrar todo o seu contido de forma rápida ou bit a bit. Para realizar estas operacións utilizará o poder do comando dd, facendo de esta aplicación unha alternativa potente, rápida e segura.
Faía xa bastante tempo que non falaba de novas releases de Ubuntu. A verdade é que ese tipo de información replicase ata o infinito nos blogs de GNU/Linux cada vez que sacan unha nova versión, polo que repetir no meu espazo practicamente o mesmo que no resto dos sitios parecíame un sensentido.
O caso é que nesta ocasión vou facer unha excepción, xa que dende fai moito tempo non había un lanzamento con tantas novidades. Ademais o nome en clave reiniciouse e comezan dende o principio co abecedario (Artful Aardvark). Casualidade ou non tamén se reinician multitude de cousas na distro mais popular para gusto ou desgusto de moitos.
Onte comecei a ler en moitos portais e blogs sobre que Cannonical esta a tomar en consideración a posibilidade de retirar o soporte os 32 bits nas súas distribucións. A priori pode parecer algo lóxico, xa que Ubuntu precisa ter un equipo medianamente moderno para funcionar en condicións, e estes por norma xeral poden soportar os 64bits.