Arquivos da etiqueta: Ubuntu

Instalando paquetes Snap en Ubuntu 16.04

Fai uns días falábamos da chegada de Ubuntu 16.04, que incluía coma unha das súas principais novidades, os paquetes Snap. Resumindo, os snaps son uns tarballs con todos os ficheiros de instalación de programas que inclúen todas as dependencias e programas necesarios para reproducirse sen problemas, así como un arquivo de metadatos con información do paquete a instalar e as rutas.

snap-packages Seguir lendo Instalando paquetes Snap en Ubuntu 16.04

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible

E por fin chegou o día… Hoxe asistimos a chegada da que pra min é unha das versións de Ubuntu mais ambiciosas. Tendo en conta que estamos ante unha versión LTS, con soporte extendido de 5 anos, Ubuntu arrisca con bastantes novidades interesantes que ben seguro serán do agrado da maioria dos Ubunteiros.

blackeubuntulogoNeste caso atopámonos con bastantes actualizacións, onde a mais salientable para min é a chegada do sistema de paquetería SNAP, do que vos falei hai uns días, e que permitirá instalar paquetes dun xeito mais sinxelo e cómodo sen ter que preocuparse de dependencias.

A inclusión do Kernel 4.4, Xorg 1.18 e MESA 11.2 permitiran importantes melloras gráficas para os drivers libres, moi especialmente no caso das gráficas AMD que poderán soportar aplicacións deseñadas para OpenGL 4.1. Sobre o tema das gráficas AMD decir que Cannonical quitou dos seus repositorios o driver privativo, xa que se considera (polo que dixen antes) que o libre xa é o suficientemente maduro e funcional. Seguir lendo Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Os paquetes SNAP

Como a maioría de vos saberedes, nuns días teremos dispoñible a esperadísima nova versión de Ubuntu 16.04 LTS. Como soe ser normal virá con multitude de novidades das que darei cumprida nota en canto saia.

Pero ao meu xuizo a novidade mais importante de esta nova versión de soporte extendido, é a inclusión dos paquetes Snap. Visto moi por enriba a principal ventaxa destes paquetes é que dispoñen en si mesmos de todo o preciso para poder executarse, polo que o tema de que un programa non funcionase por culpa de que usaba unhas librerías mais vellas ou novas rematou. Desta forma dase por solucionado o tema das dependencias, principal “desventaxa” con respecto a Windows ou OSX.

snapEste forma de instalación ofrece tamén unha maior seguridade, xa que íllanse as aplicacións de xeito que  nunca imos a “pisar” a outra aplicación nin as súas dependencias. Polo tanto isto tamén vai facilitar moito as actualizacións dos paquetes, xa que non hai que comprobar si afectarán o resto.

Seguir lendo Os paquetes SNAP

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Actualizar Kernel, Mesa e Xorg en Ubuntu 14.04 Trusty Thar

Como ben debedes notar os poucos que entrades neste humilde blog, este non é un blogue de noticias, senón mais ben de cousas que me interesan e me son utis a diario, e que comparto aquí por si a alguén lle pode valer. Nesa liña vai o que a continuación vos vou  contar.

Probablemente moitos de vos usedes, coma min, a última LTS de Ubuntu, tanto por estabilidade, soporte, como por ser referencia dos desenroladores de software a hora de facer os seus programas, drivers, etc. Eso implica en moitos casos non estar a última, pero afortunadamente Ubuntu saca cada certo tempo revisións actualizadas da sua LTS que melloran aspectos básicos da sua distribución.

trusty-tahr Seguir lendo Actualizar Kernel, Mesa e Xorg en Ubuntu 14.04 Trusty Thar

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Como instalar OBS en Ubuntu (e derivados)

Se precisades transmitir en vivo o que ocurre no voso PC ou grabalo, OBS (Open Broadcaster Software) é unha magnífica ferramenta co que facelo. Con ela poderedes gardar ou streamear as vosas partidas en servicios coma Twitch, tutoriais a Youtube, conversacións de webcam, etc.

Decir que se trata dunha ferramenta multiplataforma con versións compiladas para Linux (Arch, OpenSuse, Gentoo, Ubuntu), Windows e OSX. É moi versátil e permite moitas ocpións, coma  coller a video e audio de varias fontes por separado, por exemplo, a vertana dun xogo e a captura da webcam, e colocala como queiramos en diferentes zonas da pantalla a retransmitir/grabar, incluir textos, un video xa grabado, etc. Tamén ten opcións para axustar como queiramos a saida (resolución, Kbits, codecs, etc)

Neste caso vouvos decir como se instala en Ubuntu. Para elo coma sempre, abride un Terminal e ponde estes comandos:

sudo add-apt-repository ppa:kirillshkrogalev/ffmpeg-next (para Ubuntu 14.04 e 14.10 so)
sudo add-apt-repository ppa:obsproject/obs-studio
sudo apt-get update
sudo apt-get install ffmpeg obs-studio

Agora a retransmitir a vosas partidas!!!!

OBS

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-