Arquivos da etiqueta: Ubuntu

10.10 o 10.10.10 as 10:10:10

Fódase pa!… casi parace binario.

Bueno, chego un pouco tarde a noticia, pero por si algún incauto ainda non se enterou, no día de onte ( o 10.10.10 as 10:10:10) saiu de forma oficial a nova versión de Ubuntu, co nome en clave de Maverick Meerkat.

Decir que nun principio tiña as miñas reservas sobre esta nova versión (case que cambio para OpenSuse) pois na Beta resultaba imposible instalar os drivers privativos para unha Nvidia FX5500 e unha Radeon HD3850 AGP. Xa pensaba que non darían soporte para drivers privativos para tarxetas un pouco antigas, e iso púxome de muy mal humor…

Comentar que non garda moitas diferenzas con Lucid (a maior parte son estéticas), pero as poucas que trae penso que valen a pena. Dende o meu punto de vista o mais rechamante da nova versión e o seguinte:

Novo Instalador, moito mais sinxelo ca antes que permite instalar codecs de terceiros e actualizacións durante o proceso. Ademais conta cunhas diapositivas con explicacións claras do que é Ubuntu e nos imos a atopar dentro.

Nova Tipografía Oficial: unha letra propia para esta distrubución, feita con muy bo gusto, e facil de ler. Ven por defecto.

-O Centro de Software foi remodelado sendo agora mais sinxelo e claro. Ademais permite instalación de aplicacións de pago.

-A nova versión de Gnome (2.32)

-F-spot desaparece pra dar paso a Shotwell. Esta aplicación pretende ser unha especie de Picasa.

Novo applet de son para controlar Rhythmbox dende a barra de ferramentas superior.

-Posibilidade de usar o sistema de ficheiros BTRFS (excepto na partición /boot, xa que o GRUB ainda non lee este sistema)

-Na versión para Netbooks destaca a integración de Unity

Estas son pra min as principais novidades. Se queredes descargalo xa sabedes: UBUNTU.COM

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

DarkTable, o Lightroom do Software Libre

Probablemente a maioría de vos non vos interese esta noticia, pero tanto se sodes fotógrafos aficionados como profesionais, vos sexa útil esta aplicación. Trátase de Darktable, unha aplicación que como comento no título do post, suple de forma libre e gratuita o Lightroom de Adobe.

Basicamente serve para o “revelado”,  catalogación e edición de fotografías en formato JPG e RAW. Coméntovos esto por que recentemente un servidor fixo a traducción o Galego deste programa, e por suposto hai que presumir un pouco (so un pouco, por que seguro que non é para botar foguetes).

A páxina do proxecto é esta: Dartable

Se queredes baixar as ultimas compilacións en paquete .deb para o voso Ubuntu esta é a paxina do ppa: PPA de Pascal de Bruijn

E si queredes instalalo en Lucid so tendes que añadir a seguinte liña os repositorios:

deb http://ppa.launchpad.net/pmjdebruijn/ppa/ubuntu lucid main

Logo actualizades (“sudo apt-get update”) e instalades darktable (“sudo apt-get install darktable”). Espero que vos sexa útil.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-