Arquivos da etiqueta: Unity

Unity Tweak Tool: Control total sobre Unity

Pode que moitos de vos non poidades ver a Unity nin en pintura. Probablemente a maioría é por que non vos dades con el no escritorio; outros quizais simplemente é por que ven con moi poucas opcións de configuración.

Para os primeros decirvos que é cuestión de gustos e de costumes. Eu decidin darlle unha oportunidade pois non me chistaba moito, e agora é o meu escritorio preferido. Hai que ter en conta que versión tras versión (e despois dun bo número de actualizacións), o desempeño do entorno mellorou moito, sendo bastante mais agradable que hai un par de anos.

Para os segundos, aqueles que vos tira para atras o non ter opcións de personalización, hai unha ferramenta moi boa que se chama Unity Tweak Tool, onde podemos tocar todos os aspectos da interfaz que nos de a gana, como axustar as esquinas do escritorio para diferentes accións, cambiar o tamaño das iconas, esconder ou mostrar certas cousas…. Mellor que lle botedes un ollo vos mesmos para ver a potencia de esta ferramenta.

Personalmente a min foime de moita utilidade para por o botón de mostrar o escritorio, desactivar as suxerencias tanto de apps do centro de software, como de compras (erro de Ubuntu). Certo que para min esta aplicación vai ser xa unha imprescindible, si ben creo que debería vir incluida no sistema.

Bueno, menos samba e mais traballar, para instalar simplemente abrimos coma sempre unha terminal e tecleamos o seguinte:

sudo add-apt-repository ppa:freyja-dev/unity-tweak-tool-daily && sudo apt-get update
sudo apt-get install unity-tweak-tool

unity-tweak-tool

 

Saudos

Fonte : MuyLinux

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Xa chegou Ubuntu 12.04 Precise Pangolin

Como xa é tradición todos os meses de Abril e Outubro toca renovar a versión de Ubuntu. Decir que esta versión é a mais pulida e con mellor funcionamento de todas cantas probei. Estes tios están a conseguir que Unity funcione realmente ben, co que a arriscada aposta que Cannonical fixo hai algún tempo comeza a dar resultados.

As novidades mais salientables desta nova versión son:

Inclusión de HUD (Heads-Up-Display): se prememos a tecla Alt e comezamos a escribir unha orde ou indicativo do que queremos facer sairannos as diferentes opcións que temos para executar. Por exemplo, se escribimos o nome dunha páxina web sairannos o historial, ou se pomos un elemento da configuración, por exemplo “rede”, danos opción a ver información de esta, desactivala, editar as conexións, etc. Realmente este “lanzador” si se lle pode chamar así, é de grande utilidade.

-Nas Opcións do Sistema temos mais posiblidades de personalización de Unity, ainda que si queremos facelo en condicións recomendo instalar o paquete MyUnity.

-O acceso a Nautilus na barra lateral de Unity ten quicklists as nosas carpetas persoais e os nosos marcadores, co que se facilita a navegación as carpetas mais usadas.

Mellor soporte os dispositivos touchpad, como os synaptics e trackpads de Apple.

-Volta de novo do reproductor Rhythmbox como reproductor por defecto, por suposto con soporte para Ubuntu One Music Store

-Actualización de LibreOffice a version 3.5.2

Firefox e Thunderbird 11 (¿para cando Chromium Browser)

Gnome 3.4.1 (ver notas de versión)

Remmina sustitue a Vinagre como visor de escritorios remotos.

-Múltiples cambios no Centro de Software de Ubuntu, entre os que destaca a instalación automática de idiomas o instalar un programa.

Kernel Linux 3.2.14

Dende aquí recomendo encarecidamente que actualicedes ou reinstaledes os vosos Equipos o antes posible, pois as melloras son considerables.

Se queredes actualizar a versión premede en Alt+F2 e escribide:

update-manager -d

Para descargar a ISO completa ide aquí

Edito: Olvidouse mencionar algo moi importante. Esta é una versión LTS co que obteremos soporte durante bastante tempo (5 anos)

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Benvida Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot

Despois de 6 meses de desenrolo chega a esperada nova versión da distro de Linux mais coñecida e usada (pese a quen lle pese). A pesares de non conter grandes novidades os cambios nesta versión son moi positivos. O mais suliñable é:

Kernel 3.0, con bastantes mellores entre as que se atopa a inclusión de novos adaptadores WiFi.

Unity 3D por defecto e 2D en caso de falla. Unity sofre importantes melloras  e correccións (Dash, switcher, efectos …) e agora o seu uso é moito mais sinxelo e vistoso. En caso de non poder usar a versión 3D (para tarxetas gráficas modernas) ponse por defecto a versión 2D, case igual a 3D, pero con menos efectos visuais. Ambos escritorios corren sobre Gnome 3.2, polo que tivo que ser portado a GTK3.

Novo xestor de sesións LightDM que sustitue a GDM

Firefox 7, a ver por canto tempo, por que se especula con cambiar o navegador por defecto por Chromium (por min DPM)

Thunderbird 7 sustitue a evolution como xestor de correo, algo penso eu que moi positivo, polo menos para min. O primeiro que facía o rematar de instalar Ubuntu era quitar Evolution e por Thunderbird. Ademais integranno moi correctamente con Unity.

Centro de Software de Ubuntu (5.1.0.4) : recibe un lavado total de cara, mellorando moito o seu aspecto.

-Versións novas dos programas Banshee (2.2), LibreOffice (3.4.3), Shotwell (0.11.2), Gwibber (3.2.0.1), etc


Xa sabedes, e hora de actualizar. Se queredes baixar a última versión pinchade no Link

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

¿Botabas en falta algo en Unity?

Pois eu si que notaba algo. Cando usaba Gnome tiñá na barra de ferramentas inferior o applett do monitor do sistema que me informaba do consumo de recursos do ordenador e províñame dun acceso directo rápido a aplicación “susodicha”.

Coa chegada de Unity, o non poder engadir appletts facilmente a barra de ferramentas superior era mais atravesado. Pero hoxe atopei unha pequena aplicacioón que se pon na bandexa do sistema que provee de información tal como a carga do sistema, tanto gráficamente coma un icono animado, como porcentualmente; así como datos sobre o uso da memoria, disco, swap, rede, e un acceso directo o monitor do sistema. A aplicación integrase de forma perfecta con Unity e é totalmente minimalista. Chamase SysPeek .

Se queredes instalala soamentes tendes que executar nunha terminal as seguintes liñas:

sudo add-apt-repository ppa:vicox/syspeek

sudo apt-get update && sudo apt-get install syspeek

Espero que vos sexa tan útil como é para min.

 EDITADO 22-5-12: Aqui tendes outro indicador diferente:

sudo add-apt-repository ppa:indicator-multiload/stable-daily
sudo apt-get update
sudo apt-get install indicator-multiload

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

… a ver si nos acostumamos: chegou Natty Narwhal

Preguntaredesvos o por que do titulo, pero xa sabedes que son un pouco escéptico ca inclusión de Unity na nova versión de Ubuntu que acaba de sair fai horas.

Como de costume informo sempre das novas versións, pero con esta chegou a polémica. O novo escritorio da “peña de Cannonical” esta a ter tantos fans coma detractores. Eu a verdade ainda non me acabo de decantar por uns ou por outros, pero a verdade é que non me acaba de convencer esta novidade.

A parte disto temos moitas novidades en paquetes incluidos na distribución, como é a sustitución de Rhythmbox por Banshee (eu quedaría con Exaile ou Guayadeque, ainda que si recoñezo que Banshee é mellor que o seu predecesor); Openoffice por LibreOffice (si señor, que aprendan os “guays” de Oracle), Firefox 4 (prefiro Chromium) e a nova versión do Kernel, 2.6.38, que inclue o famoso parche das 200 liñas e algunha “cousiña” mais.

Xa sabedes, a descargalo e a comentar:

Descarga Ubuntu 11.04

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-