Arquivos da etiqueta: Vidcutter

Corta e pega videos de forma sinxela con VidCutter

Estaba dándome un paseo por un dos meus blogs favoritos, La mirada del Replicante,  cando de repente vin un artigo que me chamou a atención. Trataba dun programa que recortaba e unía vídeos. Como o tema me interesa, púxenme a lelo, cando por sorpresa vin que era xusto, xusto, o que estaba a buscar.

VidCutter, que así é como se chama o programa, é unha aplicación multiplataforma (GNU/Linux, Windows, MacOS) que permite cortar e unir anacos dun video na orde que queiramos dunha forma sinxela e rápida. Non vas a atopar complicacións con temas de codecs, formatos, birates, proporcións, resolucións…. O vídeo vai ter exactamente as mesmas características que o orixinal, co que a velocidade coa que se exporta vai ser moi rápida. A min paréceme perfecto para recortar sen mais pretensións vídeos caseiros, por exemplo.

Seguir lendo Corta e pega videos de forma sinxela con VidCutter

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-