Arquivos da etiqueta: Xenial Xerus

Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible

E por fin chegou o día… Hoxe asistimos a chegada da que pra min é unha das versións de Ubuntu mais ambiciosas. Tendo en conta que estamos ante unha versión LTS, con soporte extendido de 5 anos, Ubuntu arrisca con bastantes novidades interesantes que ben seguro serán do agrado da maioria dos Ubunteiros.

blackeubuntulogoNeste caso atopámonos con bastantes actualizacións, onde a mais salientable para min é a chegada do sistema de paquetería SNAP, do que vos falei hai uns días, e que permitirá instalar paquetes dun xeito mais sinxelo e cómodo sen ter que preocuparse de dependencias.

A inclusión do Kernel 4.4, Xorg 1.18 e MESA 11.2 permitiran importantes melloras gráficas para os drivers libres, moi especialmente no caso das gráficas AMD que poderán soportar aplicacións deseñadas para OpenGL 4.1. Sobre o tema das gráficas AMD decir que Cannonical quitou dos seus repositorios o driver privativo, xa que se considera (polo que dixen antes) que o libre xa é o suficientemente maduro e funcional. Seguir lendo Benvido Xenial Xerus, Ubuntu 16.04 LTS dispoñible

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-