Arquivos da etiqueta: Youtube

Como instalar OBS en Ubuntu (e derivados)

Se precisades transmitir en vivo o que ocurre no voso PC ou grabalo, OBS (Open Broadcaster Software) é unha magnífica ferramenta co que facelo. Con ela poderedes gardar ou streamear as vosas partidas en servicios coma Twitch, tutoriais a Youtube, conversacións de webcam, etc.

Decir que se trata dunha ferramenta multiplataforma con versións compiladas para Linux (Arch, OpenSuse, Gentoo, Ubuntu), Windows e OSX. É moi versátil e permite moitas ocpións, coma  coller a video e audio de varias fontes por separado, por exemplo, a vertana dun xogo e a captura da webcam, e colocala como queiramos en diferentes zonas da pantalla a retransmitir/grabar, incluir textos, un video xa grabado, etc. Tamén ten opcións para axustar como queiramos a saida (resolución, Kbits, codecs, etc)

Neste caso vouvos decir como se instala en Ubuntu. Para elo coma sempre, abride un Terminal e ponde estes comandos:

sudo add-apt-repository ppa:kirillshkrogalev/ffmpeg-next (para Ubuntu 14.04 e 14.10 so)
sudo add-apt-repository ppa:obsproject/obs-studio
sudo apt-get update
sudo apt-get install ffmpeg obs-studio

Agora a retransmitir a vosas partidas!!!!

OBS

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-