Todo o control sobre o inicio do sistema grazas a SystemD-Manager

Como moitos saberedes, dende hai algún tempo moitas distribucións adoptaron systemd como iniciador de servizos e configuracións cando arrancamos o noso sistema operativo, substituindo SysVInit ou Upstart. Tamén é o iniciador de Ubuntu e Debian, o que trouxo algunha polémica cando se fixo o cambio.

Antes usaba o magnífico  “sysv-rc-conf” por consola para tales lides, pero ca chegada de systemd esta utilidade deixou de ser funcional, polo que se non queríamos editar tediosos arquivos de configuración íamos de cu. Grazas a SystemD-Manager a configuración do inicio vai ser moito mais sinxela e intuitiva.

systemd-manager

SystemD-Manager e un frontend que nos vai permitir editar visualmente systemd, podendo programar ou desprogramar o inicio de certos servizos no arranque, así como ver si se están executando, e incluso podelos arrincar manualmente, todo a golpe de rato. Tamén poderemos ver e editar de forma gráfica os scripts de inicio, ver información, dependencias…

Pero a mellor forma que tendes de entender a utilidade de este programa e instalandoo. E moi sinxelo, para elo abrides unha terminal e tecleades:

wget https://github.com/mmstick/systemd-manager/releases/download/1.0.0/systemd-manager_1.0.0_amd64.deb

sudo dpkg -i systemd-manager_1.0.0_amd64.deb

E listo. Un consello, coidadiño co que desactivades, informaivos ben primeiro por si acaso, por que podedes deixar o sistema coxo.

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

3 reflexións sobre “Todo o control sobre o inicio do sistema grazas a SystemD-Manager”

  1. Medo me dá isto de tocar systemd!

    Aínda que, seguramente, hai moita broza que nunca se vai usar e que ben podía desactivarse.

    Saúdos.

  2. O malo disto é que hai unha chea de cousas que un usuario do meu nivel non sabe o que son, nin moito menos para que serven, e igual desactivas algo que ti non usas (conscientemente) pero que si usa algunha aplicación ou algún compoñente do sistema. A saber.

    Só sei seguro que podería desactivar o bluetooth. Teño un pincho que merquei hai uns anos, pero non o uso desde hai moitísimo tempo!

    A ver, todo se andará.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *