É incrible como está cambiando toda a escena de Linux gracias a Steam. Vale, xa sei que Steam é unha aplicación privativa, que fornece un servicio donde se ofrecen e venden xogos privativos e con DRM, pero está claro que a xente de Valve está a cambiar as reglas e dandolle un impulso importantisimo o noso sistema.
Dende que o tío Gabe decidiu apostar por linux sacando o cliente de Steam e logo anunciando SteamOS, o sistema operativo que correrá baixo as Steam Machines; non recibimos mais que boas noticias, sobre todo os mais gamers, entre os que por suposto me incluo.

Non é segredo que nas oficinas e servidores de Valve utilizase Linux. Tampouco é segredo que os servidores dos seus xogos multixogador tiveran o pengüín detrás. Pero Valve decidiu apostar arriscando e portando a integridade dos seus xogos (Half Life, Team Fortress, Portal, Dota, Left4Dead…) o noso sistema, proceso que ainda non rematou. Detrás del empezaron a arriscarse outras compañías, primiero indies e logo non tan indies; e día a día imos vendo como o catalogo crece, e como as compañias incluen Linux nas plataformas a desenrolar.
Y é que é unha realidade, moitas compañías, grandes e pequenas, ainda que miren de reollo e con desconfianza a SteamOS, van portando pouco a pouco titulos “para ver como respira” este mercado. Vale, certo é, que somos menos que un 2%, pero Steam son 70 millóns de usuarios, e serían 1,4 millóns de posibles clientes, cifra a que non se lle poden facer ascos. Por moito que doia señores, esto é economía e pasta. Os mais puristas tiraranse dos pelos, pero sempre poden xogar con Supertux e Frozen Bubble sin traicionar os seus principios.
Hai quen opina que esto non está aportando nada o software Libre, cousa que é completamente mentira. En primeiro lugar Valve aportou directamente o código do sua utilidade para portar librerias de DirectX9 a OpenGL, ToGL; tamén o debugger VoGL e varios drivers de controladores de xogos como gamepads. A parte diso, dende que anunciaron todo este lio, están colaborando directa e moi especialmente con Nvidia para mellorar os drivers (vale, privativos) das suas tarxetas. E claro, se Nvidia toma ventaxa (a que sempre tivo en Linux), AMD non quere ser menos (tiran mais as Steam Machines que duas carretas).
Tamén son tremendamente importantes os anuncios dos mais importantes motores gráficos de dar ferramentas para desenrolar para Linux:
-CryEngine: O motor gráfico de xogos tan avanzados como Crysis ou Far Cry anunciou xa fai algún tempo a sua intención de dar soporte a Linux. Permitirá obter unha calidade semellante a DirectX10 (e algunhas caracteríticas de Dx11) en OpenGL. Fai nada concretou que donará o seu motor a proxectos sin ánimo de lucro, ou cobrará 9,90 $ o mes para comerciales.
-Unreal Engine 4: “Donde digo digo, digo Diego”. Ainda recordo cando estes de Epic decían que non valia a pena dar soporte para crear xogos para Linux, porque non era rentable e éramos “catro mataos”, pero como agora non queren quedar atrás… Bueno, deixemos de rencillas e malos rollos, benvindo sexa. O custo é de 19$ o mes, con acceso o código fonte.
– Unity 5: O terceiro en discordia anuncia tamén que a nova versión do seu motor tamén terá soporte para Linux. Unity é o lider indiscutible en Tablets e Móviles, pero non se debe menospreciar, pois ten unha importante cantidade de desenroladores que traballan con él. Ten unha versión gratuita con características recortadas, e a versión Pro que custa 1500$ anuales.
Bueno, é por si todo esto non fora pouco, tamén se acaba de anunciar que “The Witcher 2” terá versión para Linux. Hay que ter en conta que CD Projeckt Red, a productora de esta saga, está a punto de sacar a 3 parte, co que se presume tamén que haberá versión “al canto”.
E si seguimos falando de CD Projeckt Red, decir que son os propietarios da tenda de xogos sen DRM GOG.com, e que acaba de anunciar que empezará a vender xogos para Linux en nada, e que para empezar porá no seu catalogo 100 xogos clásicos.
O tema é que este post daba para varias noticias diferentes, pero como son un vago redomado teño que aproveitar cando teño ganas de escribir .Como vedes, esto está empezando, pero vai forte, moi forte.