TVenLinux.sh, TDT a través de internet

Acabo de flipar o leer esta noticia en MuyLinux. O parecer, un programador español, chamado Busindre, acaba de facer un script que permite ver os canais da TDT a través de internet, e cun retraso mínimo duns 10 segundos e unha calidade moi aceptable (nada que ver con outros experimentos que vin anteriormente).

A web do proxecto e esta: TVenLinux, e nela podedes atopar toda a información sobre a instalación, consellos, teclas , etc.

Basicamente resumese na instalación de algunhas dependencias e a execución dun script.

Primeiro tendes que instalar mplayer rtmpdump e curl. Se o ides facer en Ubuntu e derivados so tendes que teclear o seguinte nunha terminal:

sudo apt-get install mplayer rtmpdump curl

Logo tendes que descargar o script e darlle permisos de execución. Tan sinxelo como darlle as propiedades  do script e na pestana de Permisos marcar a casiña de Executar. Senon sempre podedes facelo dende unha terminal:

chmod u+x TVenLinux.sh

Logo simplemente tendes que executar o script  ( ./TVenLinux.sh ) e sairavos unha ventá onde podedes escoller o canle que queredes ver.

Xa non fai falta levantarse da silla do ordenador para seguir un programa …

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *