Ubunsys, unha auténtica navalla suiza para Ubuntu

Ola de novo. En primeiro lugar gustaríame disculparme por non escribir artigos. Como xa dixen noutras ocasións este é un Blogue persoal, e como tal  actualizoo cando teño algo que realmente me chama a atención e penso que me pode ser útil tanto a min como o resto dos poucos lectores que seguro que teño.  Este blogue usoo coma unha especie de apuntes onde vou acumulando cousas que me son utis para o traballo ou o día a día.

Ubunsys

Neste caso vouvos falar dunha pequena-gran aplicación que nos vai a axudar a facer un montón de cousas nos nosos sistemas con base Ubuntu. Trátase de Ubunsys,  e xa veredes como vos fai a vida moito mais fácil. Entre as cousas que podemos facer con ela temos:

Instalar todo tipo de paquetes de programas, drivers, ppa’s tanto libres como privativos (skype, spotify, steam). Isto permitiranos dispor dunha chea de programas, servizos e controladores que non temos nos repositorios oficiais e telos actualizados sempre a última.

Axustes avanzados do sistema: tan so premendo un botón conseguiremos evitar ter que teclear o noso contrasinal con “sudo” (eu non o faría), acceder os ficheiros de repositorios, habilitar a hibernación, o firewall,  ou activar a pantaia de bloqueo, entre outras.

Actualización de repositorios, programas, limpeza de arquivos non necesarios e kernels antigos, instalación de kernels mais modernos mediante Ukuu

Reparación do sistema, con accións tales como reinicializacion da rede,  reparación de chaves GPG erróneas, arranxo de paquetes rotos ou reinicialización forzada do sistema.

Basicamente o programa é unha GUI para un conxunto de scripts que facilitan o uso das diversas accións que imos a realizar, pero resulta moi cómodo de usar e funciona bastante ben. Se queredes descargar Ubunsys podedes facelo dende a páxina do seu proxecto.

Saudos!

 

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *