Ubuntu por todas partes, agora tamén en Tablets

Pois acabo de ler en WebUpd8.org que tamén haberá Ubuntu para tabletas, e o 21 de Febreiro mesmo porán a disposición do público unha primeira versión para Nexus 7. Disporá de multitude de similitudes compartidas ca versión que está en desenrolo para Móviles, múltiples sesións protexidas por contrasinal, aproveitamento dos bordes, compatibilidade cas aplicacións que existen para sobremesa (compartirá código, non haberá fragmentación)….

O mellor é que vexades o video que presenta Mark Shuttleworth (atención o peacho de cinturón, jorrr) para que vos quede mais claro como será. A verdade é que ten un aspecto moi bo.

[youtube]http://youtu.be/h384z7Ph0gU[/youtube]

O único pero que lle vexo polo de agora é o tema das aplicacións (en principio pode correr as que ten Ubuntu, pero estaría ben que fora como Android), pero supoño que si o proxecto ten éxito viran soas.

Haberá que seguir de preto esta nova singladura por parte de Cannonical.

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *