Volvemos con ZRAM

Hai algúns anos escribira un artigo sobre o uso de ZRAM para optimizar o rendemento en equipos con bastantes aniños. Hai un par de días vin un completa revisión do uso desta funcionalidade en El Atareado, por certo, fantástico Blog con fantásticas e utis aplicacións. Como pouco mais teño que engadir o dito neste blog, simplemente vouvos redirixir o artigo en si:

“Acelerar Ubuntu en ordenadores antiguos con zram”

Saudos

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

5 reflexións sobre “Volvemos con ZRAM”

  1. Xa vin que ambos pasamos polo blog de El Atareao.

    Estou probando no meu vello portátil (DELL LATITUDE D620, cun velliño Core 2 Duo, 1GB de RAM…). Direiche que pouco notei, igual unha miga máis lixeiro, pero moita cousa non.

    No seu día, modificara a swapinnes e cousas desas de sysctl.conf que recomendan para máquinas pequenas, pero todo indica que o que precisaba aquí é 1GB máis RAM; polo que se ve con tan pouquiña memoria aínda era peor, os navegadores tendían a bloquear o equipo porque acaparaban o disco duro a base de tanto escribir nel.

    Neste momento o único tuneo que lle teño é o ZRAM que acabo de activar. Iremos vendo como vai.

    Saúdos.

    1. Eu pillaría 2GB de RAM de segunda man nalgún sitio. Eso si que che garantizo que o ías notar. En canto o ZRAM non fai milagres, pero algo si se nota. Sobre que se che pechen os navegadores a min pasábame con Midori, Qupzilla e as veces co Chromium. Nunca me pasou co meu querido Firefox.

      1. Co da memoria, éche ben certo, mal non lle ía facer e sería un maquinillo moito máis usable (aínda así o é).

        E sobre os navegadores, non é que se pechen, é que coas modificacións típicas de sysctl.conf (sen elas tamén, pero menos), empezan a escribir en disco con tanta ansia que o equipo non se move, sobre todo Chromium (e antes de que quitaran op soporte para 32bits, Chrome tamén). Con Firefox moito menos, é certo, sobre todo se lle desactivas o cacheo a disco, en teoría vai máis lento, pero nestes ordenadoriños con pouquiña RAM dá menos problemas.

        Saúde.

        1. Cóntoche:

          Despois de activar ZRAM Desde logo, a peor non foi. A simple vista non notara moita cousa, pero cando lle atacas máis ou menos duramente empezas a ver os resultados.

          Explícome: o principal problema que tiña eran os cacheos a disco de Chromium, sobre todo, e imaxino que a escritura en disco da SWAP, a cousa chegaba ata o punto de bloquear o equipo, prácticamente. O uso normal era empregar Chromium sólo para Gmail e Firefox para o resto, básicamente, porque prefiro navegar sen tener unha sesión de Google iniciada no navegador; con iso só o equipo tendía a bloquearse.

          Con ZRAM activado coa configuración por defecto, andei a probar e xa ya non pasa tan fñacilmente. Non es que se volvera un portátil de última xeración, pero xa non se bloquea con tanta alegría por culpa da SWAP, e faise un equipo moito máis usable.

          Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *