WoeUSB crea autoarrincables de Windows en USB

Seguramente moitos de nos precisamos en mais dunha ocasión crear un USB autorrancable cunha imaxe de Windows. Este tipo de acción pódese facer de múltiples formas en Linux, pero de forma sinxela e gráfica que eu saiba so se podía facer con versións antigas de UNetBootin e WinUSB.

Falando do primeiro (UNetBootin) agora mesmo so é válido para gravar distribucións de Linux. Sobre WinUSB, dito proxecto hai tempo que está discontinuado, aínda que se pode dicir que é o pai de WoeUSB, xa que este último é un fork do anterior.

Realmente precisabamos hai tempo unha aplicación gráfica que nos permitira facer estes traballos. Para elo, e en Ubuntu, simplemente deberemos instalar un paquete .deb segundo a versión e arquitectura da que dispoñamos. O repositorio de WebUpd8 acaba de compilar e incluír descargas a falta dun repositorio oficial. Para elo teremos 4 opcións:

Ubuntu 16.04 64bits (LTS)

Ubuntu 17.04 64bits

Ubuntu 16.04 32bits (LTS)

Ubuntu 17.04 32bits

Tras a instalación so temos que arrincar o programa e seleccionar a imaxe de Windows que queiramos gravar (Windows Vista, 7, 8 e 10). Tamén podemos escoller un DVD colocado no noso lector. Logo deberemos ter inserido unha unidade USB con espazo suficiente para acoller o contido da imaxe. Se non a tivéramos introducida no momento de executar o programa, simplemente introduciremos o noso dispositivo nun porto USB do noso equipo, e premeremos “Actualizar”, o que fará que apareza a nosa unidade. Logo simplemente dámoslle a “Install” e comezará o proceso de escritura.

Como vedes o programa é moi básico, e todo é moi sinxelo. tamén é importante dicir WoeUSB é compatible con UEFI e BIOS Legacy. Espero que o programa séxavos tan útil como a min. Saúdos!

FONTES: Ubunlog, DesdeLinux, WoeUSB (Github)

Si che gustou este artigo, por favor pincha na publicidade.
-Grazas-

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *